Tomeza sofre un apagón de catro horas
Por Oskar Viéitez
Un total de 1.495 clientes de Gas Natural-Unión Fenosa na parroquia pontevedresa de Tomeza sufriron un apagón durante esta mañá.
A avaría rexistrouse ás 10:32 horas.
Segundo informaron desde a Compañía eléctrica o subministro repúxose ao 30% de en 40 minutos, ao 50% entre 109 e 128 minutos e ao resto en 213 minutos.
A orixe desta avaría localizouse unha ponte rota por árbores nunha liña de Media Tensión á altura do centro de transformación de Cabanas.
Ao longo da mañá o servizo quedou reposto definitivamente.