Queda en liberdade o xerente de Monbus en Pontevedra tras comparecer no xulgado
Por Redacción
En liberdade e coa obrigación de comparecer no xulgado semanalmente. Así quedou F.J.L.G, o xerente de Monbus en Pontevedra tras declarar este xoves ante a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, no marco da investigación pola operación Cóndor.
O responsable de empresa na cidade do Lérez, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pasou a disposición xudicial sobre as sete e media da tarde, despois de ser detido este mércores durante o rexistro que axentes da Garda Civil de Tráfico realizaron nas instalacións de Monbus en Pontevedra.
Nesta operación, a xuíza Pilar de Lara investiga supostos delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, tráfico de influencias e suborno.
Ademais deste rexistro en Pontevedra, nas últimas horas tamén se ordenou unha actuación similar nas oficinas que a empresa de transporte Monbús ten en Lugo, no Polígono Louzaneta.