Unha empresa pontevedresa, vítima dunha rede adicada ao 'timo do nazareno' por toda España
Por Redacción
Unha empresa de Pontevedra foi unha das vítimas dunha rede dedicada a cometer delitos contra o patrimonio mediante o denominado 'timo do nazareno'. A través dunha sociedade 'pantalla' facían pequenos pedidos a fabricantes dunha determinada gama de produtos co fin de gañarse a súa confianza e, unha vez conseguida, realizaba outros pedidos de maior envergadura que nunca abonan.
A rede foi desarticulada no marco da operación Procesión, na que foron detidos 38 integrantes da trama. A Garda Civil esclareceu un total de 66 delitos de receptación, usurpación de estado civil, falsidade documental, branqueo de capitais, defraudación á facenda pública e pertenza a organización criminal.
A organización, que estaba perfectamente estruturada e xerarquizada, estafou máis de 30 millóns de euros. Durante a operación bloqueáronse seis contas bancarias que contaban cun fondo de 79.901 euros e dous inmobles de luxo, pertencentes ao cerebro da rede, valorados en máis de 500.000 euros.
As investigacións iniciáronse en agosto de 2011, ao ter coñecemento dunha serie de estafas e falsidades documentais cuxo orixe centraron nunha empresa situada en Albacete. Finalmente, detectouse que traballaba en 25 provincias distintas.
E o marco da operación interviñéronse xoias valoradas en 83.870 euros, catro vehículos de alta gama, dúas ciclomotores e diversa documentación e efectos relacionados co entramado criminal. As dilixencias xunto cos detidos, foron postos a disposición do Xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional.