Marín inicia as obras na rúa da Costa e no aparcadoiro do Porto
Por Redacción
En Marín darán comezo nas vindeiras semanas as obras de renovación servizos na Rúa da Costa, o asfaltado de aparcamento do porto, o acondicionamento da praza Ponteporto e o arranxo do muro de Raposeiras. A execución destas obras está condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.
Desde o equipo de goberno subliñan que todas elas supoñen unha inversión importante en obras que tratan de impulsar e que atenden algunhas das principais necesidades plantexadas e outras estrictamente necesarias por cuestións técnicas ou de seguridade.
Fai tres anos conseguiuse realizar unha actuación na rúa da Costa ata entrada da Finca de Briz, proxecto que foi executado mellorando as redes, inclusive algunas que tiveron que ser renovadas pola antigüedade das mesmas.
A Xunta de Goberno local ven de aprobar o proxecto de renovación de saneamiento e pavimentación desta rúa e procedeu a iniciar os trámites para a súa contratación administrativa baseada en criterios obxectivos. O proxecto foi informado polos servizos técnicos e tramitadas as autorizacións administrativas de patrimonio que foron necesarias.
A rúa da Costa sérvese, a día de hoxe, en toda á súa lonxitude, dun colector de fibrocemento de augas fecais que, dado a antigüidade da conducción, por indicación dos servicios técnicos municipais, é necesario substituilo, xa que presenta roturas ó seu paso polos rexistros existentes, repoñendo o pavimento actual xa que presenta baches e fracturas.
Trátase dunha actuación de notable importancia para o concello, por tratarse dunha renovación da rede de saneamento e o pavimento que é camiño habitual de usuarios do Instituto de Educación Secundaria Chan do Monte e do Centro Privado de Enseñanza San Narciso, e que xerará sen dúbida molestias nestes accesos.
Ordénase a seguridade vial ó regular o tráfico rodado e peonil cunha nova pavimentación que diferencie o ámbito de utilización dos usuarios de vehículos e peonís. Os pavimentos serán de hormigón impreso coloreado.
A rede de saneamento que se diseña é separativa polo cual non cabe considerar aportacións de auga de chuvia ó colector de residuais proxectado.
O proxecto a executar tiña un presuposto de 209.857,45 euros. Resultou adxudicataria a empresa Oresa, S.L. por un prezo de 174.993 euros, tras presentar a oferta que acadou maior puntuación.
ACONDICIONAMENTO APARCAMENTO NA ZONA DO PORTO
Esta obra ten un importe de licitación de 92.153,60 euros e será executada pola construtora Ediserpo.
Ademáis do acondicionamento destas zonas levarase a cabo a mellora e ampliación das prazas de aparcamento, acondicionando as zonas de cesión e posibilitando unha mellor ordenación das prazas ampliándose de 234 prazas ata as 343 prazas que se xerarán con esta actuación, según consta no mesmo proxecto.
PRAZA DE PONTEPORTO
Trátase dunha mellora na impermeabilización dunha parte da praza Ponteporto que está perxudicando ós garaxes que atópanse situados debaixo da mesma.
MURO DE RAPOSEIRAS
Esta actuación foi adxudicada a E.C. Casas polo prezo de 81.402,14 euros presentando a mellor proposta para a súa contratación das cinco que foran solicitadas.