Incidencias nas Rías Baixas como consecuencia das fortes chuvias
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Caldas mantense en alerta ante a posibilidade de que se produzan inundacións no transcurso do río Umia pola vila ante a importante crecida que experimentaron as augas durante esta xornada.
As sendas peonís do Umia e do río Bermaña permanecen pechadas e desde Protección Civil de Caldas alertan aos veciños da Tafona para que adopten precaucións ante a posibilidade de que se produzan desbordes. Foi necesaria a apertura das comportas do encoro do Umia a primeiras horas da tarde e, polo dagora, non se produciron desbordamentos de gravidade.
A praia fluvial de Portas tamén se alagou ao longo desta mañá. En Cuntis unha vivenda da rúa Bernardo Sagasta alagouse debido ás fortes choivas e o río Gallo atópase preto do desbordamento ao seu paso polo casco urbano. Tamén se rexistraron situacións similares en Ponte Caldelas. Non se rexistraron danos persoais.
O río Lérez ao seu paso por Pontevedra traslada ao longo desta xornada numerosos troncos e restos desprendidos durante estes días de temporal.
DESPRENDEMENTO EN MARÍN
En Marín, a Policía Local tivo que valar o perímetro dun edificio da rúa Inferniño no que ás 9.00 horas desprendíanse fragmentos e cascotes do lateral do inmoble debido á choiva e ao forte vento.
Foi necesaria a retirada de coches na contorna da casa e impídese o paso por ese tramo para evitar que algún peón salga ferido. Os axentes alertaron á dona da vivenda para que adopte as medidas oportunas.
Relacionadas:
-
O alcalde de Ponte Caldelas estima que o temporal deixou danos por valor de 20.000 euros
Por Anxo Lourido |
-
O Lérez fornece de leña ás chemineas
Por Redacción |
-
O risco de desbordamento do río Lameira obriga a suspender as clases no colexio Sequelo
Por Redacción |
-
FOTOS: Carallo como chove!
Por Redacción |
-
Plan de emerxencia para reparar os danos do temporal nos colexios do municipio
Por Redacción |
-
Cuntis e Ponte Caldelas, con ríos desbordados e casas anegadas por segundo día consecutivo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Queixas polas inundacións que causa o río Gallo en Cuntis
Por Redacción |