As tres federacións veciñais esixen poder intervir na elaboración do Regulamento de Participación Cidadá
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
As tres federacións de asociacións de veciños que hai en Pontevedra: Castelao, Boa Vila e Teucro pediron poder intervir na elaboración do Regulamento de Participación Cidadá.
De forma inédita, os portavoces das tres federacións protagonizaron este luns unha rolda de prensa conxunta que sae ao paso da mesa pola "rexeneración democrática" posta en marcha polos grupos da oposición para regular as formas, os medios e os procedementos de participación dos veciños na xestión política municipal.
Os tres presidentes, Juan Manuel Loureiro (Castelao), Marí Luz Fernández (Boa Vila) e Miguel Anxo Vilacoba (Teucro); sinalaron que o concelleiro de participación cidadá Vicente García Legísima comunicoulles o pasado mes de xullo para abordar estas cuestións que aquela primeira reunión non tivo continuidade.
Igualmente criticaron que os catro grupos da oposición, PP, PSOE, Marea e Cidadáns, non contasen con eles á hora de elaborar un novo documento, que se debe negociar "desde abaixo".
"Moito falan de democracia pero logo nada", afirmou Marí Luz Fernández.
Juan Manuel Loureiro explicou que esta rolda de prensa pretende ser unha "chamada de atención a todos á hora de iniciar un proceso real de participación cidadá".
Entre outras cuestións, as federacións veciñais pretenden que o novo regulamento obrigue aos políticos para contar cos cidadáns, "que apareza máis a palabra 'deberá' que a palabra 'poderá'".
Os veciños tampouco se mostran conformes cos Consellos parroquiais, porque "están mermando a voz dos movementos veciñais a conta de algúns colectivos que defenden intereses privados", sinalaron.
Finalmente insistiron na importancia de "traballar todos xuntos" para que o novo regulamento de participación cidadá conte co maior consenso posible que garanta o seu éxito.
Relacionadas:
-
Os veciños preparan as súas achegas ao regulamento de participación cidadá da oposición
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan as federacións veciñais a unha xuntanza no Concello sobre participación cidadá
Por Alejandro Espiño |
-
O borrador do regulamento de participación cidadá da oposición, listo a próxima semana
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra pide aos Reis Magos que o BNG cumpra os acordos plenarios
Por Alejandro Espiño |
-
A oposición, disposta a cambiar as "regras do xogo" do Concello, con ou sen o BNG
Por Redacción |
-
Marea propón redactar un novo regulamento de participación cidadá en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Propoñen crear un consello veciñal de protección animal e convivencia
Por Redacción |