O PP local, tras as eleccións, alerta de que atenderá máis a Marea como interlocutor que ao BNG
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e candidato dentro da lista de Nós ao Parlamento español cualificou como "malos" os resultados obtidos durante este domingo 20 nas eleccións xerais. Fixo un chamamento a unha reflexión dentro do seu partido para preguntarse as razóns desta baixada alegando tamén que o ambiente era hostil. Neste sentido, Fernández Lores afirmou que ante este último desastre electoral, obteñen máis valor os resultados que lograron nas municipais. Apuntou que os cidadáns votan nunha clave ou noutra segundo a cita electoral.
Pola súa banda, Jacobo Moreira, portavoz do Partido Popular afirmou que gañaron en Pontevedra e entende que por iso "é o partido que máis se parece aos pontevedreses". Asegurou que obter tres deputados na provincia era o obxectivo marcado. E destacou o mal resultado da formación nacionalista sinalando que os pontevedreses deron as costas ao BNG e ao alcalde que era candidato. Os veciños enfócanse máis cara a Marea que facía o BNG e relacionou o mal resultado coas formas de gobernar de Fernández Lores nos últimos meses. "O Bloque está a quedar como unha forza residual", asegurou e que, por ese motivo, en Pontevedra terán como interlocutor máis representantivo a Marea antes que ao BNG.
Sobre o resultado do PP, cun importante descenso de apoios desde 2011, indicou que melloraron respecto das municipais e que seguirán tabajando para recuperar a confianza.
O portavoz socialista local, Agustín Fernández tamén puxo a ollada en que o gran derrotado era o BNG e destacou que o PSOE aturou a media da provincia. Fernández recoñeceu a perda de votos e tamén sinalou que é necesaria unha reflexión para seguir sendo os referentes da esquerda. Engadiu que se espera que as fórmulas para a renovación da executiva socialista comezará a establecerse en xaneiro e rematará en primavera.
Marea Ponteveda, a través do seu portavoz Luís Rei, mostrou a súa satisfacción polos resultados expoñendo que é importante achegar dúas parlamentarias ás cortes xerais e poder congar cun grupo parlamentario galego. En clave local, Rei atribúe o seu ascenso ao traballo realizando durante estes últimos meses no Concello. E afirmou que seguen traballando na súa proposición dunha mesa pola rexeneración democrática no Concello.
María Rei, a concelleira de Cidadáns na corporación pontevedresa, considera que a opción do centro é factible a tenor dos votos logrados. E desde o punto de vista local cualificou o ascenso de preto de 3.000 votos nun "exitazo". En todo caso, recoñeceu que rebaixaran as súas primeiras expectativas debido á maneira de actuar os partidos que aplican a vella política e á prensa que "no nos favorece. Cada uno obedece a su dueño". Lamentou que non se lles fixese oco nos medios.