Bueu aspira a que a súas alfombras florais sexan recoñecidas pola UNESCO como "arte efémero"
Por Redacción
A Asociación Cultural das Alfombras do Corpus de Bueu acaba de ser aceptada na Comisión Gestora Internacional de Alfombristas de Arte Efímero, integrada por dezasete asociacións de alfombras de todos os lugares do mundo.
Así o informou Carmen Santos, presidenta da asociación, nunha rolda de prensa ofrecida este xoves no Concello de Bueu e na que resaltou que esta inclusión supón todo un recoñecemento ao pobo de Bueu, o cal leva traballando e loitando ao longo dos anos porque esta tradición perdure.
Esta comisión pon como requisitos básicos para entrar a historia e as técnicas diferenciadas de confección de alfombras, ademais dos deseños e dos materiais empregados.
Bueu ten moita historia neste sentido, algo que tamén destacan desde a asociación, cuxos membros se dirixirán a Noto, en Sicilia, en maio do vindeiro ano para confeccionar unha alfombra que terá como tema Leyendas, tradicionales y mitos e participar en varias ponencias.
O obxectivo é claro e desde a asociación así o destacan: "queremos conseguir que as alfombras florais teñan recoñecemento pola UNESCO como arte efímero".
Por outra parte, Carmen Santos anunciou que a comezos do 2016 se fará público o programa do Corpus do vindeiro ano, no que xa se está traballando e que será máis extenso que o do ano pasado.
Relacionadas:
-
Bueu homenaxea os seus alfombristas máis veteranos
Por Redacción |
-
Aumentan as axudas económicas para a confección de alfombras do Corpus en Bueu
Por Redacción |
-
As escolas galegas asociadas á Unesco reúnense en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Asociación das Alfombras de Bueu convoca un concurso de carteis
Por Redacción |
-
As alfombras, en Bueu, xa non son patrimonio exclusivo do Corpus
Por Redacción |