590 persoas participan como voluntarias en Cruz Vermella en Pontevedra
Por Redacción
Este ano volveu a crecer o número de persoas que, de forma solidaria e desinteresada, son voluntarias de Cruz Vermella en Pontevedra, superando as 510 que xa participaban en 2014.
No que vai de ano 2015, máis de 590 persoas participan como voluntarias en Cruz Vermella en Pontevedra, a través da área de intervención social, colaborando en proxectos con persoas inmigrantes, persoas sen fogar, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas desempregadas ou con familias afectadas pola crise, entre outros colectivos.
Outra das áreas con alta participación do voluntariado, é a de Socorros e Emerxencias, onde colaboran nos servizos preventivos, xunto co voluntariado en Formación, Saúde, Cooperación internacional ou Cruz Vermella Mocidade, configurando unha extensa rede de solidariedade humana sempre preparada para axudar ás persoas que máis o necesitan.
O perfil maioritario: muller, de 39 anos e con estudos superiores.
En canto ao perfil maioritario do voluntariado de Cruz Vermella na provincia de Pontevedra pódese destacar que hai máis mulleres que homes (56,61% mulleres e 43,39% homes), que a maioría ten unha idade comprendida entre os 31 e os 40 anos (un 34,23%), sendo a idade media do voluntariado de 39 anos.
Tamén cabe sinalar que o 4,42% do voluntariado de Cruz Vermella é de orixe estranxeira e maioritariamente proveñen de países como Venezuela, Brasil, Colombia ou Arxentina, entre outros. A permanencia media do voluntariado en Cruz Vermella actualmente supera os catro anos e dous meses.
Relacionadas:
-
Susto en Paxariñas polas dificultades para localizar unha vítima de violencia de xénero
Por Natalia Puga |
-
Cruz Vermella anima os pontevedreses a dedicar parte do seu tempo libre ao voluntariado
Por Redacción |
-
Cruz Vermella atendeu este ano a 2.388 persoas da comarca afectadas pola pobreza
Por Oskar Viéitez |
-
Cruz Vermella conciencia no campus dos perigos de esquecer a sida
Por Redacción |
-
Corenta nenos pontevedreses participan no campamento urbano de Cruz Vermella
Por Redacción |
-
A Cruz Vermella distribúe este mes de xullo más de 314.800 quilos de alimentos na provincia
Por Redacción |