Xa é Nadal na cidade do Lérez!
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Fiel á tradición local, Pontevedra acendeu este venres 4 de decembro as súas luces de Nadal.
Outras urbes, coas que agora nos medimos, xa adiantaron oficialmente a campaña do Nadal á último fin de semana de novembro este encendido, Madrid, Barcelona, Londres, Berlín ou Roma, entre outras, sen esquecernos dos veciños de Vigo.
Os máis ilusionados con este aceso non son os nenos, senón os comerciantes que ven nestas luces de Nadal un reclamo moi importante para incentivar as compras durante estas datas.
A ponte da Constitución é unha cita propicia para que o comercio local poida beneficiarse da chegada dos visitantes que coa escusa de ver a postal do Nadal achéganse ilusionados á cidade do Lérez e de paso fagan gasto.
Pola contra o argumento do aforro é o que utiliza o Concello de Pontevedra ao falar de lámpadas led e baixo consumo enerxético de toda esta instalación.
Como en anos anteriores, a iluminación está distribuída en toda a Zona Monumental, as principais rúas do centro urbano (Michelena, Peregrina, avenida de Vigo, Cobián Roffignac, Daniel de la Sota...), así como todas as entradas á cidade. Tamén hai iluminación nos barrios como en Monte Porreiro.
As luces de Nadal estarán encendidas ata o 6 de xaneiro, e permanecerán encendidas de 19.00 a 01.00 horas, agás o día de Final de Ano que a iluminación estará encendida algunha hora máis.