A iluminación do Nadal acenderase antes da Ponte da Constitución
Por Redacción
Operarios da empresa Iluminaciones Umia están xa colocando a tradicional iluminación que decorará as rúas e prazas da cidade de Pontevedra durante as festas de Nadal.
Aínda que a data do aceso aínda está por decidir, segundo adiantou o portavoz do goberno municipal, será en todo caso antes da Ponte da Constitución, polo que se baralla o venres ou o sábado como o día máis probable.
Esta empresa con sede en Vilanoviña (Meis) foi a adxudicataria do novo contrato para a iluminación da cidade durante as festas de Nadal, Entroido e Peregrina.
Este contrato, que se inicia coa iluminación do Nadal deste ano, está valorado en 162.067 euros, inclúe tamén a iluminación de Nadal, Entroido e Peregrina de 2016 e 2017.