Ciudadanos "presume" de ser o único partido que votou en contra dos orzamentos do IMD
Por Redacción
Luís Lamas, representante de Ciudadanos na comisión do Instituto Municipal de Deportes (IMD), alega que o orzamento de 1.430.000 euros para esta entidade non atende ás necesidades do tecido deportivo da cidade e tampouco apoia á base. Por este motivo, a agrupación política que ten a María Rey como representante na corporación votou en contra deste orzamento mentres o resto de grupos da oposición, PP, PSOE e Marea, abstivéronse mentres o BNG votaba a favor.
María Rey acompañada polo propio Luís Lamas; pola número 2 ao Congreso, Cintia Solla e polo candidato ao Senado, Goyo Revenga, comparecía horas despois desta comisión para manifestar que "estaba cansada" de que, os outros grupos da oposición, a cualifiquen como a concelleira número 13 do Bloque. E criticou que eses mesmos grupos votan a favor das dedicacións exclusivas, os que presentan o libro branco contra Ence xunto ao alcalde ou os que contan con despachos no Concello.
Rey indicou que non poden apoiar un orzamento como o do IMD xa que non é transparente e non recolle declaración de intencions. sendo moi similar aos do ano pasado cando a concellería de Deportes dependía do grupo socialista.
Sinalou, por otra parte, que aínda están a estudar o orzamento municipal xeral para 2016 para decidir se Ciudadanos vai apoialo.