Dous feridos leves en atropelos en 24 horas
Por Oskar Viéitez
Na marxe de 24 horas, dúas persoas resultaron feridas de carácter leve na cidade de Pontevedra en dous atropelos.
Un deles tivo lugar ás nove da mañá deste xoves nun paso de peóns da Praza de Barcelos.
Unha muller que cruzaba a calzada foi alcanzada por un coche facéndose dano ao caer e golpearse contra o chan. Os técnicos sanitarios da ambulancia que acudiu ao lugar do sinistro insistiron en levala ata un centro médico para recibir atención aínda que a señora dicía atoparse ben.
Por outra banda, un ciclista resultou ferido ao ser atropelado no cruzamento entre a rúa e Rafael Areses e a Avenida Compostela, na contorna da ponte.
Sucedeu este mércores pola mañá, segundo fontes da Policía Local, o ciclista presentaba feridas de cáracter leve.