Adxudicado o servizo de cafetería da Festa do Marisco
Por Redacción
O concurso para a explotación da cafetería da Festa do Marisco foi resolto este venres. Logo do procedemento administrativo iniciado hai dúas semanas a mesa de contratación, configurada segundo a normativa establecida, procedeu a apertura de plicas. O concurso estivo aberto dende o 10 ó 18 de setembro e permitía que calquera empresa ou particular puidera participar no mesmo sendo publicitada a oferta no Boletin Oficial da Provincial e a través da web do Concello.
A saída a concurso da cafetería da Festa do Marisco foi unha medida posta en marcha para evitar o problema das edicións anteriores no relativo a adxudicación da mesma. Logo das consultas ós técnicos municipais indicouse que o sistema máis obxectivo pasaba por un concurso aberto onde a mesma se adxudicara ó mellor postor.
As condicións esixidas no concurso son as establecidas pola normativa vixente: solvencia técnica e profesional. Os criterios avaliables para a adxudicación eran: Melloras relativas á calidade dos materiais, estética e decoración da carpa (ata 20 puntos). Melloras propostas en relación coa oferta de actividades culturais e o musicais complementarias das organizadas polo Concello (ata 20 puntos). Oferta económica; marcándose o prezo mínimo de licitación en 3.500 euros (ata 60 puntos).
Logo de rematado o prazo foron tres as empresas locais presentadas: Alfonso Padín, Alfonso Mourelos e Francisco Álvarez.
Revisada a documentación, a mesa procedeu a adxudicar a cafetería a Francisco Álvarez ao ser a súa a proposta de maior puntuación.
Relacionadas:
-
Yayo Daporta, pregoeiro da 52 edición da Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |
-
Javier Olleros, Miguel Muñíz, Transportes Cameselle e as conserveiras do Grove, premios "Centola de Ouro"
Por Redacción |
-
As carpas para a Festa do Marisco do Grove comezarán a instalarse o luns
Por Redacción |
-
Abren o prazo de inscrición para colaborar como voluntarios na Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |