As carpas para a Festa do Marisco do Grove comezarán a instalarse o luns
Por Redacción
A partir do luns comezarán os traballos de montaxe das carpas que acollerán, desde o próximo 1 de outubro, as principais actividades da 52 edición da Festa do Marisco do Grove.
Ademais das habituais carpas de degustación situadas nos laterais do mercado e da lonxa, procederase á montaxe dunha carpa institucional en formato iglú de 20x40 metros equipada cun auditorio para 420 persoas e unha sala de exposicións, unha carpa destinada á cociña en vivo e a mostra de pinchos de 15x30 metros e unha carpa de artesanía de Galicia de 12,5 metros de diámetro.
A carpa destinada á cafetería quedará pendente do concurso aberto para a súa explotación. Ademais diso este ano situaranse na zona as carpas nas que a asociación Emgrobes organiza o seu Grovestock e que estarán no viario dende a rotonda do Corgo durante a segunda fin de semana da festa.
A montaxe das carpas requirirá dun amplo traballo por parte da Policía Local, que se encargará de xestionar o tráfico de xeito adecuado.
A colocación destas estruturas tamén supón que o mercado semanal teña que trasladarse a outras zonas os días 25 de setembro e 2 e 9 de outubro.
Relacionadas:
-
Yayo Daporta, pregoeiro da 52 edición da Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |
-
Adxudicado o servizo de cafetería da Festa do Marisco
Por Redacción |
-
Javier Olleros, Miguel Muñíz, Transportes Cameselle e as conserveiras do Grove, premios "Centola de Ouro"
Por Redacción |
-
Abren o prazo de inscrición para colaborar como voluntarios na Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |