O Centro de Recuperación de Cotorredondo rexistrou no que vai de ano a entrada de 728 animais
Por Redacción
O Centro de Recuperación de Cotorredondo rexistrou no que vai de ano a entrada de 728 animais, dos cales un 88% son aves. Un 7,7% son mamíferos, como o corzo, a nutria ou o ourizo, e seguido polo grupo dos réptiles (4,5%).
Do total de aves ingresadas, un 44% dos casos son exemplares de gaivota patiamarela, o resto de especies son numerosas; pero ningunha alcanza máis dun 5%.
Entre elas destacan diversas aves rapaces nocturnas, como a curuxa, o moucho, ou a avelaiona. Outras aves que ingresan nun número significativo son as aves rapaces, como o miñato, o azor, e o vencello, a avenoiteira e o peto verdeal.
As causas habituais e máis frecuentes de ingreso son os polos volandeiros, atropelos, caídas do niño, debilidade, orfos ou por causas descoñecidas. No ano 2014, as cifras de ingresos superan o millar de animais, un dato similar ao rexistrado no ano anterior; unha cifra que experimentou un importante incremento, xa que no ano 1994 o número de ingresos foi de 147.
O Centro de Recuperación de Fauna silvestre de Cotorredondo, adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, é un lugar destinado á recollida, atención e rehabilitación de especies de fauna silvestre feridas ou en mal estado, que perderon a capacidade de desenvolverse con normalidade na natureza, co fin da súa posterior devolución ao medio natural cando se recuperen e poidan sobrevivir por si mesmas.
O Centro está situado no Complexo Ambiental de Cotorredondo, no monte San Xulián, xunto ao Lago de Castiñeiras, en Marín
Relacionadas:
-
Rescatan unha londra agochada nun testo dunha antiga caseta mariñeira na Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Críticas á marcha do Centro de Fauna Salvaxe de Castiñeiras para Cotobade
Por Redacción |
-
Cotobade acollerá un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre
Por Oskar Viéitez |
-
Comezan os traballos de adecentamento de Lago de Castiñeiras sen o apoio das administracións públicas
Por Redacción |