Rueda e Cubela asinaron un convenio para mellorar as condicións do campo de fútbol municipal
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asinou este luns o convenio de cooperación co alcalde de Cotobade, Jorge Cubela para a adecuación e rehabilitación dunha das súas infraestruturas municipais, nun acto que tivo lugar na casa consistorial cotobadesa.
Alfonso Rueda incidiu na importancia da colaboración cos concellos apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade sexa a creación e mellora de infraestruturas e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais básicos, co obxectivo de mellorar as condicións de vida das persoas residentes nas áreas rurais.
O concello de Cotobade levará a cabo o proxecto de adecuación e rehabilitación do peche do campo de fútbol municipal "As Extremas", que conta cunha axuda de preto de 40.000 euros, que representa o 80 por cento do orzamento do proxecto, e que está financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).