O alcalde, David Castro, reclama que a Xunta reforce o equipo do centro de saúde de Ribadumia
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Ribadumia, o independiente David Castro, trasladoulle este venres ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores, a necesidade de reforzar a plantilla do centro de saúde durante os meses estivais.
Nos últimos días o goberno local remitiu un escrito ao Sergas reclamando a contratación dun médico que cubra as vacacións dun dos profesionais do centro co fin de evitar que se produza unha falta de asistencia médica aos pacientes ou unha carga excesiva de traballo nos outros galenos.
Ademáis o tripartito que goberna en Ribadumia quere que a Consellería de Educación reorganice e estude unha posible ampliación do colexio da localidade, o Julia Becerra Malvar.
O rexedor tamén analizou co delegado territorial a situación da parcelaria de Lois.