Éxito das xornadas que reuniron en Pontevedra avogados de 83 colexios de España
Por Redacción
As X Xornadas Nacionais de Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza, promovidas polo Consejo General de la Abogacía Española e organizadas polo Colexio de Avogados de Pontevedra, clausuráronse este venres tras dous días de intenso debate e, segundo os organizadores, un éxito de participación.
O balance final foi satisfactorio en cando a que se avanzou en fórmulas de como mellorar o exercicio do dereito de defensa dos cidadáns. Eses avances aparecen plasmados nun documento de conclusións finais das xornadas, que recolle iniciativas como a aprobación dun protocolo de actuación dos avogados a partir das directivas europeas de garantías procesuais penais. Trátase de normativas que afectan directamente ao dereito de defensa e supoñen reforzar as garantías do cidadán cando se encontra detido. A proposta da Avogacía é elaborar un protocolo que rexa a intervención do avogado.
Os representantes dos 83 colexios de avogados de España asistentes ás xornadas tamén avanzaron na aplicación do Protocolo de Conformidades e relacións coa Fiscalía, que se puxo en marcha con éxito en varios entes colexiais do país. Os presentes incluíron nas conclusións das Xornadas a necesidade de que se acabe implantando en todos os partidos xudiciais.
Unha das actividades que máis debate xeraron nas Xornadas Nacionais foi a mesa de traballo que abordou, ao longo da mañá deste venres, as comisións mixtas. Como conclusión, insistiuse na necesidade de estender a todo o territorio nacional as Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza (CRAJ), creadas institucionalmente polos colexios de avogados para mellorar as relacións coa Administración de Xustiza.
Estas comisións establecéronse no seo de diversos colexio, pero a Avogacía presente nas xornadas pontevedresas concluíu que é necesario que funcionen nos 83 órganos colexiados de España, así como elaborar e difundir un modelo de protocolo para a creación das CRAJ.
Dende o Colexio de Avogados destacan que un dos éxitos desta X Xornadas Nacionais de Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza é que congregaron no mesmo espazo de debate non só a avogados de toda España, senón a todos os actores implicados na Administración de Xustiza, dende as administracións públicas ata xuíces, avogados, secretarios xudiciais e representantes das Forzas de Seguridade do Estado.
Todos reivindicaron o papel dos avogados como figura imprescindible na Administración de e deron a coñecer iniciativas novidosas como 'Todos tenemos agenda', unha campaña do Colexio de Avogados de Santa Cruz de Tenerife co obxectivo de axudar a solucionar os continuos atrasos e demoras que padecen os avogados á hora de asistir aos xulgados.
Relacionadas:
-
Os avogados de Pontevedra, líderes galegos en tramitación de Xustiza gratuíta
Por Redacción |
-
As relacións extraprocesais xuíces/avogados, a debate esta semana en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os 83 colexios de avogados de España debaten en Pontevedra sobre a Administración de Xustiza
Por Redacción |
-
'Todos tenemos agenda'. A reivindicación dos avogados de Tenerife contra a impuntualidade chegará a Pontevedra
Por Redacción |