Os avogados de Pontevedra, líderes galegos en tramitación de expedientes de Xustiza gratuíta
Por Redacción
O Colexio de Avogados de Pontevedra liderou no primeiro trimestre deste ano 2015 o ránking galego de servizos de Xustiza Gratuíta prestados. En tres meses tramitou 3.642 expedientes de cidadáns que solicitan a quenda de oficio, sendo o colexio de Galicia con maior actividade.
O dato aportouno este xoves o decano dos avogados pontevedreses, Ramón Jaúdenes con motivo da inauguración das X Xornadas Nacionais de Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza, promovidas polo Consejo General de la Abogacía Española e organizado polo Colexio pontevedrés este xoves e este venres.
Jáudenes explicou que 500 dos 1.500 colexiados pontevedreses prestan servizos da quenda de oficio tendo como destinatarios potenciais 640.000 xusticiables, isto é, un cuarto dos de Galicia e dous terzos da provincia, os relativos a 11 dos 13 partidos xudiciais pontevedreses. Habitualmente, o órgano colexial é o segundo de Galicia en tramitación de expedientes de Xustiza Gratuíta, por detrás da Coruña, pero este ano subiu un posto.
O decano recordou que o Colexio de Avogados de Pontevedra abandeirou sempre o mantemento da planta xudicial e a defensa da Xustiza de proximidade, ao entender que a Administración de Xustiza fixo un esforzo ímprobo por dispoñer de todas as sedes actuais e non resultaría axeitado non as aproveitar.
Os letrados manteñen unha defensa con decisión do papel da capital na Xustiza pontevedresa e considera imprescindible revindicar a posición que ten por lei como sede natural da Audiencia Provincial e dos xulgados do Mercantil e, para facelo, aproveitou para pedir ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e ao director xeral de Xustiza, Juan José Martín, que se impulse o novo edificio xudicial que está en proxecto na zona da Parda. Ambos os dous recolleron a luva e aseguraron que xa está en marcha.
Este xoves, todos os actores intervinientes na Administración de Xustiza avalaron a convocatoria do colexio para inaugurar as xornadas. O acto presidiuno a secretaria xeral do Consello da Avogacía Española, Victoria Ortega Benito, pero estivo acompañada por Jáudenes; o conselleiro e presidente da CRAJ do Consello Xeral da Avogacía Española, Antonio Morán Durán; a presidenta do Consello da Avogacía Galega, Neves Santomé Couto; o fiscal xefe da Audiencia, Juan Carlos Aladro; o maxistrado presidente da Sección Primeira da Audiencia de Pontevedra, Manuel Almenar; o secretario coordinador provincial, Eduardo Sánchez Tato; o alcalde; e o director xeral de Xustiza.
Todos os relatores e participantes nas xornadas reivindicaron o papel dos avogados como figura imprescindible na Administración de Xustiza e o seu necesario protagonismo no momento da propia elaboración das leis e á hora de establecer e protocolizar a súa aplicación e de adoptar mediron como a inminente modernización tecnolóxica.
Ao respecto, a secretaria xeral do Consello da Avogacía Española fixo referencia á "absolutamente convulsa" situación actual da Administración de Xustiza, cunha Lei Mordaza á que aos avogados "han manifestado su máis rotunda oposición" e e un texto como a Lei de Axuizamento Civil que "se está modificando con cuatro proyectos de ley distintos". Victoria Ortega considérao "de todo punto inadmisible" e defende o papel dos avogados para "aportar su visión desde el conocimiento que tenemos desde dentro de la Administración de justicia".
Jáudenes sacou peito sobre o traballo realizado polo Colexio de Avogados de Pontevedra e sobre a importancia de que estas xornadas de ámbito nacional se celebren na cidade, pois supón recibir 95 profesionais en representación dos 83 colexios de avogados de España e unha cita crave na profesión na que se analizan fórmulas para mellorar o exercicio do dereito de defensa dos cidadáns.
Relacionadas:
-
Un de cada dous avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio, máis que a media estatal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ramón Jáudenes, reelixido decano dos avogados pontevedreses por cinco anos máis
Por Redacción |
-
En Pontevedra, un avogado de quenda de oficio cobra 2 euros a hora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Medio millar de avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio
Por Redacción |
-
Éxito das xornadas que reuniron en Pontevedra avogados de 83 colexios de España
Por Redacción |
-
As relacións extraprocesais xuíces/avogados, a debate esta semana en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os 83 colexios de avogados de España debaten en Pontevedra sobre a Administración de Xustiza
Por Redacción |
-
'Todos tenemos agenda'. A reivindicación dos avogados de Tenerife contra a impuntualidade chegará a Pontevedra
Por Redacción |
-
Os avogados pontevedreses reivindícanse fronte a Vigo: están ao servizo de case o dobre de cidadáns na quenda de oficio
Por Redacción |