O cuatripartito reclamará a sede do Consello Regulador Rías Baixas para Cambados
Por Oskar Viéitez
O cuatripartito de Cambados formado por PSOE, BNG, Somos e Pode asinou o "Pacto para o goberno do Concello de Cambados no período 2015-2019", que inclúe, entre outros moitos compromisos, o de reclamar para a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, para a vila do albariño.
Cambados Pode incluía no seu programa esta reivindicación destacando a importante que tería para a economía cambadesa poder arrebatarlle a Pontevedra a sede do Consello, que dende o ano 2003 está situada no Pazo de Mugartegui, "ademais de supoñer un elemento de extraordinaria importancia na promoción da nosa vila". Somos Cambados entende que se trata dunha "reivindicación xusta e apoiada na Historia".
O pacto do cuatripartito inclúe ademais outras cuestións programáticas como abrir a Festa do Albariño aos veciños, renunciar á redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal por non o considerar urxente, comezará a facer xestións para a construción do novo cuartel da Garda Civil e non peatonalizar a Praza de Fefiñáns nesta lexislatura.
Pero o primeiro será solicitar a realización dunha auditoría sobre a situación económica do concello, documento que dirá se é posible ou non baixar os impostos aos veciños e marcará as directrices deste goberno.
O equipo que encabeza Fátima Abal insiste na transparencia e asegura que os proxectos municipais significativos se consultarán previamente cos veciños.
Relacionadas:
-
Cambados intentará arrebatar a Pontevedra a sede do Consello Regulador da DO Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Non é un botellón, son sumilleres alemáns
Por Oskar Viéitez |
-
As exportacións supoñen xa o 28% das vendas dos viños Rías Baixas
Por Redacción |
-
16 'Masters of wine' gaban as calidades dos viños da D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
As Rías Baixas conquistan o corazón de Madrid
Por Marcos del Río |