Atopan desorientado en Campo Lameiro ao veciño que desapareceu o domingo en Tenorio
Por Redacción
O veciño de Vigo que a Garda Civil buscaba dende o domingo cando desapareceu en Tenorio (Cotobade) foi encontrado esta mañá en boas condicións de saúde, aínda que desorientado, descalzo e con algúns rabuños, segundo fontes da Garda Civil.
Amador de la Iglesia Filgueira, de 52 anos, foi localizado por un veciño do concello de Campo Lameiro neste municipio, que o levou á súa casa para darlle de comer e avisar os axentes da Garda Civil, que se puxeron en contacto coa irmá deste home.
Segundo explicou, a desaparición produciuse ao acudir ata unha fonte termal cruzando o río. Desorientouse e non foi capaz de volver ao seu destino.