As obras de asfaltado nas rúas Santa Margarida e A Pomba afectarán ao tráfico
Por Redacción
Dende o martes 2 ata o xoves 4 de xuño vanse realizar obras de asfaltado nas rúas Santa Margarida e A Pomba.
Empezarán na rúa Santa Margarida cunha duración aproximada de día e medio, cos dous sentidos circulatorios abertos e dando paso alternativo.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra, na segunda fase, na rúa A Pomba, manterase o sentido circulatorio de acceso ao centro (baixada), e restrínxese o de saída (subida), para residentes, servizos e transporte urbano, ata a intersección coa rúa Os Campos, onde se permite o xiro de acceso cara Monteporreiro).
As obras comezan o martes ás 9.30 horas.