Un neno de dez anos entre os furtivos detidos pola extracción de ameixa nunha zona con toxina de Cambados
Por Redacción
A Garda Civil identificou cinco mozos de Vilanova de Arousa, un deles menor de idade, aos que lles imputa un suposto delito contra a saúde pública, pola extracción de ameixa nunha 'zona C', coñecida como Saco de Fefiñáns, en Cambados.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os rapaces (J.M.D.S., de 21 anos de idade; I.L.F., de 21 anos; M.P.P., de 22 anos; A.P.P., de 21 anos; e un neno de 10 anos) foron sorprendidos na madrugada do martes cando extraeran uns 7 quilos de ameixa xapónica nunha zona en que estaba prohibido o marisqueo pola presenza de toxina.
O operativo foi desenvolvido coa colaboración da Confraría de Pescadores de Cambados e os rapaces, ao verse sorprendidos, fuxiron, aínda que foron interceptados pouco despois.
As dilixencias serán remitidas ao xulgado de instrución número 4 de Cambados.