A Audiencia xulgará un home por queimar viva á súa parella tras botarlle enriba alcohol etílico
Por Oskar Viéitez
A Sección cuarta da Audiencia de Pontevedra sinalou para o próximo martes día 2 de xuño un xuízo por un delito de lesións contra un home acusado de prender lume á súa parella sentimental despois de botarlle por enriba alcohol etílico.
Segundo o escrito de cualificación de Fiscalía, a agresión produciuse no transcurso dunha discusión porque ela quería poñer fin á relación.
O fiscal pide que sexa condenado a dez anos de prisión e que indemnice a vítima, quen padece graves secuelas, en preto de 200.000 euros.
Este caso procede do Xulgado nº1 de Lalín.