Identifican unha parella que subtraía teléfonos móbiles e carteiras en locales de copas
Por Redacción
Un home de 31 anos de idade e unha muller de 27 anos, ambos os dous naturais de Romanía, con domicilios en Ponteareas e Ourense, foron identificados como presuntos autores de varios furtos por axentes da Policía Nacional da Comisaría provincial de Pontevedra. Os dous detidos contan con antecedentes policiais.
Os feitos, segundo a información da Policía Nacional, producíronse durante o 17 de maio cando varios afectados pola subtracción de distintos efectos presentaron denuncia na Comisaría Provincial. Presuntamente leváronse carteiras e teléfonos móbiles en locais de copas na cidade.
A partir das denuncias iniciáronse as investigacións para descubrir a identidade dos presuntos autores dos furtos. Os axentes lograron relacionar estas subtraccións coa parella, que forma parte dun grupo organizado de cidadáns romaneses formado por homes e mulleres asentados en diferentes puntos de Galicia.
Este grupo desprázase continuamente para cometer os feitos delituosos e evitar ser detido, levándose os obxectos ao descoido. Sobre todo, furtan teléfonos móbiles que adoitan enviar ao seu país de orixe sendo imposible a súa localización.