A Festa da troita celebrará este domingo coa París de Noia a bandeira azul para a praia fluvial
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas pechará a Festa da Troita coa actuación, o próximo domingo, da orquestra París de Noia, como xeito de celebrar o logro histórico de conseguir a primeira Bandeira Azul en Galicia para unha praia fluvial, neste caso o da Calzada.
A actuación terá lugar o domingo, ás 22 horas, unha vez que finalice o encontro folclórico protagonizado polos Coribantes de Buchabade e os grupos de baile tradicional Xaldón de Corcubión e A.C.D. Atlántica, de Matamá (Vigo).
Así mesmo, e dentro do contexto de celebración da Bandeira Azul completarase a actividade musical da Festa da Troita coa actuación ás doce da noite do sábado, no descanso da verbena protagonizada polas orquestras Mosaico e Limón, de Lis Pardo, filla do coñecido cantante galego de fama nacional, Juan Pardo.
Segundo o alcalde, Perfecto Rodríguez, "con esta incorporación que fixemos ao programa festivo, que non puidemos facer antes por descoñecer a concesión da Bandeira Azul, ampliamos a celebración deste galardón histórico que queremos brindar a toda a cidadanía de Ponte Caldelas e arredores coa actuación dunha das orquestras máis emblemáticas de Galicia e dunha nova promesa da canción que está a pegar forte no panorama musical español".
Perfecto Rodriguez entende que a consecución deste galardón é un recoñecemento a Ponte Caldelas, ao seu río, á súa festa e á súa conciencia ecolóxica baseada na sostibilidade e respecto polo medio ambiente. "Queremos que todo o mundo sexa consciente e celebre este fito histórico para o noso municipio", sinalou.
Relacionadas:
-
Izado provisional da bandeira azul na praia fluvial da Calzada
Por Redacción |
-
Cotobade gaña o concurso da Troita de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Centos de persoas converten, de novo, a Festa da Troita nun gran éxito de público
Por Diego Torrado |
-
Ponte Caldelas preparará 800 quilos de troita para servir na 49 edición da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas fai historia conseguindo a primeira bandeira azul para unha praia fluvial
Por Oskar Viéitez |