Ponte Caldelas fai historia conseguindo a primeira bandeira azul para unha praia fluvial
Por Oskar Viéitez
A praia fluvial de Ponte Caldelas foi recoñecida cunha bandeira azul.
Este feito supón todo un fito xa que é a primeira vez na historia destes recoñecementos aos mellores areais do mundo no que é distinguida unha praia fluvial galega.
A calidade das augas do río Verdugo a limpeza da zona e os seus accesos, valéronlle a esta praia esta distinción para un espazo natural único situado preto da zona urbana e dotado de aparcadoiro, parque infantil, quiosco, céspede, área deportiva (voleibol, pimpón), mesas e bancos e grellas.
A decisión do xurado internacional que outorga estes galardóns para a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) vén avalada por toda unha traxectoria marcada polos excelentes resultados das análises que periodicamente se establecen nas súas augas e polos servizos e infraestruturas de que dispón a área recreativa da Calzada.
Así o alcalde, Perfecto Rodríguez manifesto que "é un motivo de enorme satisfacción para todos os veciños de Ponte Caldelas e para aqueles que cremos sempre na importancia de potenciar o noso río como recurso turístico e os valores ambientais do noso municipio".
O Concello iniciou o pasado verán os trámites para conseguir o distintivo de Bandeira Azul. Así tras a solicitude formal do Concello o pasado mes de agosto un inspector da propia ADEAC xa visitou a praia fluvial, quedando gratamente sorprendido da beleza do ámbito.
A praia fluvial da Calzada dispón de xeito ininterrompido e dende o 2001 o cualificativo de "excelente", segundo o resultado da analítica practicada polo Programa de Vixilancia Sanitaria que realiza en Galicia a Consellería de Sanidade nas áreas habilitadas para o desfrute das zonas de baño. Este é outro requisito ineludible para ter a distinción.
Relacionadas:
-
Seis socorristas vixían ata o 15 de setembro as dúas praias de Poio con bandeira azul
Por Redacción |
-
A praia da Calzada estará vixiada por tres socorristas durante todo o verán
Por Redacción |
-
Bueu fai unha chamada á concienciación cidadá ante as montañas de lixo en Lapamán
Por Redacción |
-
Prohibido o baño na praia fluvial da Calzada ante a turbidez da auga
Por Oskar Viéitez |
-
Izado provisional da bandeira azul na praia fluvial da Calzada
Por Redacción |
-
A Festa da troita celebrará este domingo coa París de Noia a bandeira azul para a praia fluvial
Por Redacción |
-
Sanxenxo suma o maior número de praias con bandeira azul, Marín logra unha cuarta para O Santo
Por Oskar Viéitez |