Cotobade mellora os accesos a Loureiro
Por Redacción
O Concello de Cotobade ven de acometer actuacións de mellora de comunicacións e accesos na parroquia de Loureiro. Unhas obras subvencionadas pola Deputación Provincial de Pontevedra por un importe de 180.000 euros.
As obras consisten no asfaltado, canalizacións e mellora do entorno do Igrexario na parroquia de Loureiro.
Na mesma parroquia asfaltouse o camiño de acceso ás vivendas de Beseiro, compromiso do alcalde, Jorge Cubela, cos veciños do lugar. O vial estaba nun estado deplorable e os residentes da zona no podían chegar cos coches ás súas casas.
Este Plan de Obras da Deputación foi directamente destinado a proxectos de mellora da zona alta do municipio, e segue a executarse nestes momentos.