Extinguidos os incendios forestais rexistrados na parroquia de Cobres
Por Redacción
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción dos incendios forestais rexistrados no municipio pontevedrés de Vilaboa, na parroquia de Cobres.
Os lumes iniciáronse ás 2:12 horas da madrugada do mércores e quedaron extinguidos ás 15:02 horas deste xoves. Segundo estimacións provisionais ata o seu parametrizado, a superficie afectada é de 15 e 60 hectáreas de monte arborado.
Os medios que traballaron na extinción do lume de menor dimensión son 4 técnicos, 5 axentes forestais, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 avión e 4 helicópteros.
No outro lume participaron 6 axentes forestais, 12 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 1 avión.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Na actual campaña antiincendios forestais, xa son 17 as persoas imputadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntas autoras de lumes nos montes galegos.