Sopesan prolongar a rehabilitación das Ruínas de San Domingos, pechadas dende agosto de 2013
Por Oskar Viéitez
A responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez, confirmou que a institución provincial sopesa prolongar os traballos de rehabilitación das Ruínas de San Domingos pechadas dende agosto de 2013, cando se desprenderon algúns dos seus elementos. "Estamos barajando todas las opciones", admitiu.
Segundo explicou a deputada, a medida que os técnicos do Museo e os da empresa adxudicataria das obras fixeron os traballos de limpeza e restauración, "hemos visto cosas que hay que mejorar y que, a lo mejor, podemos iniciar ya ahora y tardar un poco más en abrirlo al público".
Entre outras novidades a actuación descubriu un anaco de pavimento diferente, que altera a concepción que tiñan os investigadores sobre a historia das ruínas, e ademais apareceron vestixios dunha pintura ao fresco.
"Es una decisión que debemos tomar junto a los técnicos", afirmou Ana Isabel Vázquez.