Os comuneiros escollen proxecto para converter a reitoral de Santa Cristina de Cobres nun viveiro de empresas
Por Oskar Viéitez
"Porta ó parque", proxecto creado polos arquitectos Ramón Viéitez e Alberto Cebral do estudio Arquetipos S.C. foi o escollido para levar a cabo a rehabilitación da antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres e convertela nun viveiro de empresas.
O fallo do xurado faise público unha vez que o proxecto gañador recibiu o visto bó tanto de Patrimonio como do Ministerio de Fomento, xa que a construción está catalogada como Ben de Interese Cultural e atópase na zona de afeción da AP-9.
Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres queren agradecer a participación a todos os arquitectos participantes neste concurso. Recibíronse dezasete propostas, e destacan que "todas elas de gran calidade en canto a deseño e presentación das mesmas, e todas merecedoras de ser premiadas, pero só se poideron escoller as cinco máis valoradas para a concesión dos premios".
En canto ao deseño premiado o xurado valorou especialmente a "actitude respetuosa da intervención", mantendo a volumetría e estrutura orixinal, así como o "prevalecemento do carácter íntimo deste tipo de arquitectura".
A "acertada" entrada de luces laterais na cuberta, e o aproveitamento da parte baixa desta, aportan así mesmo unha "orixinal solución" que complementan o uso e necesidades do programa proposto.
CAMPAÑA ELECTORAL
Por outra banda, a xunta reitora da comunidade aproveitando o proceso eleitoral actual convidou aos partidos políticos que aspiran á alcaldía de Vilaboa a celebrar unha xuntanza para exporlle os proxectos a desenvolver no monte veciñal nos vindeiros anos e analizar os posibles marcos de colaboración. A esta petición de xuntanzas só respondeu o BNG. Nen o PSOE nen o PP consideraron oportuna a celebración da xuntanza.
Relacionadas:
-
Os comuneiros de Cobres demandan do concello a licenza de obra para a rehabilitación da Reitoral
Por Redacción |
-
Abre o prazo para optar á rehabilitación da vella reitoral de Cobres
Por Redacción |
-
A reitoral de Santa Cristina de Cobres xa é veciñal
Por Redacción |
-
Os comuneiros queren rescatar aos veciños en situación de emerxencia social
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan un concurso de ideas para rehabilitar a antiga Reitoral de Santa Cristina de Cobres
Por Redacción |
-
Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres negocian co Arzobispado a cesión da casa rectoral
Por Oskar Viéitez |