A ampliación dos institutos Carlos Oroza e Xunqueira acometerase este verán
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou que este verán se iniciarán as obras de ampliación e mellora das instalacións nos institutos de Formación Profesional, Carlos Oroza e Xunqueira 1, valoradas en 2 millóns.
Rodríguez destacou o carácter "significativo" destes investimentos.
Con motivo da súa participación nun acto sectorial de educación organizado polo PP local, o titular de Educación queixouse da "falta de mantemento" nas instalacións dalgúns centros educativos por parte do Concello, argumentando que "un problema pequeno se non se atalla pronto leva consigo un gasto maior de miles de euros por parte da Consellería".
Por outra parte, fixo unha valoración do "proceso de cambio de modelo educativo", coa implantación da Lomce e as novas metodoloxías e curriculos que leva consigo. Así, entre as novidades, o conselleiro comparou as reválidas como "levar o neno o médico" para detectar posibles carencias na aplicación do sistema.
Relacionadas:
-
Denuncian a inseguridade no Carlos Oroza polas obras de ampliación do centro
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan por 1,6 millóns de euros a primeira fase da ampliación do Carlos Oroza
Por Redacción |
-
A pista polideportiva da Xunqueira reformarase para acoller novas aulas
Por Oskar Viéitez |
-
O concelleiro de Educación cre que as obras prometidas para o Carlos Oroza son "proxectos virtuais" do PP
Por Redacción |
-
As obras de ampliación do CIFP Carlos Oroza licitaranse este mesmo ano
Por Redacción |