Pilar Blanco presume de "ilusión e participación" como cabeza de lista de BNG-Asembleas Abertas
Por Redacción
"Ilusión, participación e orgullo de ser de Marín". Ese é o lema co que se presenta o BNG-Asemblea Aberta ás eleccións de maio. A súa cabeza de lista será Pilar Blanco, actual portavoz municipal. Estará acompañada dun amplo grupo de persoas que foron elixidas a través dos encontros que se foron celebrando nos últimos meses e que se marcan como obxectivo construír un proxecto de futuro para o municipio.
Son todas elas, afirmou Pilar Blanco, "persoas que non se conforman con que Marín perda cada vez máis presenza e identidade fronte a outros concellos hoxe puxantes e con menos potencialidades que o noso".
Trala candidata, na lista do BNG sitúanse Lucía Santos Omil (2), Alfonso Fernández Pose (3), Amparo Omil González (4), Xosé María Vilaboa Ramos (5), José Manuel Pesqueira Rapalo (6), María del Puerto Pérez Rosales (7), Celso Xavier Milleiro Sánchez (8), Xurxo Agra Do Pazo (9), Ana Belén Fontán Suárez (10), Ana María Área Gómez (11), César Pastoriza González (12), Xaime Santomé Paz (13) ou Mónica Guimeráns Piñeiro (14).
Completan a candidatura Xosé Ignacio Santiago Pesqueira (15), Zara Ilduara Yubero Curra (16), José Andrés Pereira Tarrida (17), Raquel Fariña Gil (18), Jorge Martínez Amoedo (19), Cándido Piñeiro González (20) e María Esther Crespo Iglesias (21).
Estarán centrados, dixo Pilar Blanco, en lograr "unha cidade agradable para vivir, con servizos e actividade cultural e de lecer, con un comercio activo e que deixe de ser un mero lugar para durmir, que recupere o seu atractivo turístico , un Marín cunha democracia participativa e non só representativa, que abra unha nova relación coa Escola Naval Militar, que potencie o seu Porto e a pesca e que sexa quen de integrar dentro da cidade o espazo portuario, un Marín aberto ao mar e a unha maioría social que quere ao seu concello".
Son persoas "implicadas ao cen por cen na vida da nosa vila" en ámbitos como o deporte, a cultura, o comercio, o ensino, a xuventude, a hostalería, o mundo laboral ou o medio ambiente, pero "agora dan o paso de comprometerse nunha candidatura que asina un contrato coa cidadanía marinense para levar a cabo un proceso que sitúe a Marín non lugar que nunca debeu perder", finalizou Pilar Blanco.