O reasfaltado do nó de Bombeiros provoca grandes atoamentos
Por Oskar Viéitez
Numerosos condutores sufriron este mércores o atoamento xerado polas obras de reasfaltado do Nó de Bombeiros.
A sociedade estatal Aguas das Concas de España (Acuaes), dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, iniciou a reparación da calzada na zona da Barca despois de que esta fose obxecto de aberta dende o ano 2013 para instalar as novas canalizacións do renovado servizo de abastecemento.
Durante estes días as máquinas traballan nas zonas do Nó de Bombeiros e A Barca o que orixinou prolongadas retencións durante toda a xornada que afectaron a todos os viais que concorren nesta arteria estratéxica: Estrada de Vilagarcía, Avenida de Domingo Fontan ou Ponte da Barca.
Cando conclúa este tallo de obra o reasfaltado prolongarase ás zonas de San Salvador e San Xoán, sen data fixada para a súa finalización.