Esta noite, Hora do Planeta e cambio de hora
Por Redacción
O verán chega oficialmente o domingo 21 de xuño. Non obstante, na madrugada deste domingo 29 de marzo establécese o horario de verán co adianto da hora. Cando o reloxo marque as 02.00 horas haberá que adiantar as agullas ás 03.00 horas.
Este cambio leva consigo o aproveitamento de máis horas de luz durante o día e manterase ata o último domingo de outubro, cando volva establecerse o horario de inverno.
Con este costume que se remonta a 1974 con motivo da crise do petróleo búscase un aforro enerxético.
Precisamente, este sábado 28 celébrase a Hora do Planeta, un evento mundial impulsado polo World Wide Fund for Nature, que consiste nun apagamento eléctrico voluntario e simbólico para concienciar sobre o aforro enerxético.