Unha muller resulta ferida ao envorcar o seu turismo na autovía de Marín
Por Diego Torrado
Unha muller sufriu feridas leves ao envorcar o vehículo que conducía na autovía de Marín cando circulaba en dirección a Pontevedra arredor das 13:15 horas deste venres 27.
A espectacularidade do accidente provocou que fora solicitada a intervención dos Bombeiros por se era necesaria a excarceración. Operarios dunha ambulancia que pasou pola zona lograron extaer á condutora do vehículo que quedara atrabapada ao bloquearse o cinto de seguridade. Despois, outra ambulancia medicalizada trasladou á vítima ata o Hospital Domínguez onde foi atendida.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico que investigan as causas do accidente. Foi necesario cortar e regular durante uns minutos o tráfico na autovía para levar a cabo a retirada do turismo accidentado.
A muller queixábase de danos nas cervicais e foi trasladada a un centro hospitalario por unha ambulancia do 061.