Primeira oportunidade laboral durante un ano
Por Oskar Viéitez
O Salón de Plenos da Deputación Provincial acolleu este martes a 212 mozos sorrintes. Todos eles asinaron o seu primeiro contrato laboral nunha administración local para traballar naquilo que estudaron. ÿ unha primeira oportunidade laboral pola que cobrarán entre setecentos e oitocentos euros ao mes.
Trátase dunha iniciativa complementaria á que a Deputación de Pontevedra xa mantén en marcha en colaboración con empresas privadas.
Sorprendentemente tras explicar os pormenores deste plan de estímulo do emprego xuvenil a única pregunta que formularon os bolseiros foi: "Pódense pedir días libres para acudir a un exame? ". A pregunta inquietou ao presidente provincial, Rafael Louzán, que dixo "non nos acostumbremos a moitos vicios. Xa os que estamos na administración non temos moi bo cartel, polo menos vós dade bo exemplo", díxolles. Por certo que os bolseiros poderán dispoñer de dous días libres cada mes.
Agrupados nas diferentes titulacións, dende Informática, Turismo e Veterinaria, ata Economía ou Historia da Arte, un a un os nomes dos bolseiros foron aparecendo nas pantallas dispostas no Salón, xunto aos distintos concellos que ofertaban unha praza.
"Que concello elixes?", preguntábanlles entón. Deseguido facíanlles entrega da carpeta cos documentos correspondente ao contrato no concello elixido.
Obviamente, non todos puideron quedarse no seu municipio de procedencia, polo que Louzán lles pediu que convertesen este circunstancia "nunha magnífica ocasión para coñecer a nosa provincia que vale a pena vivir", afirmou. Ademais fíxolles ver que outros moitos compañeiros seus tiveron que emigrar para encontrar un emprego.
Louzán tamén comparou este plan de emprego cos tres meses que ofrece o plan do Concello de Pontevedra, "creo que o noso é o máis axeitado", sentenciou. "Non é comparable co que están a realizar outras administracións" onde se destina "unha cantidade insignificante" fronte á inversión de 2'2 millóns de euros feita polo organismo provincial.
Todos estes bolseiros empezarán a traballar o 1 abril, será unha aterraxe suave xa que o 2 e o 3 son festivos, Semana Santa.