Internet xa ule a grelo, quenta o #CocidoDay
Por Oskar Viéitez
A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" en colaboración co restaurante Portaliña, organizaron durante a fin de semana do 21 e 22 de marzo de 2015 as "III Xornadas Gastronómicas do Cocido".
Deste modo sumaranse á iniciativa do #CocidoDay, unha celebración sen motivo aparente, pois unicamente se trata de reunir en torno a unha mesa a xente vinculada co mundo 2.0 para comer un bo cocido. Neste caso non sería unha mesa, senón varias, en diferentes lugares do territorio galego e a cada mesa irán varios "frikis das novas tecnoloxías".
Nas "xornadas gastronómicas", a composición do menú será pechada e constará dun primeiro prato, un segundo prato, bebida, sobremesa e café. O prezo será pechado cun custo de 14,90 euros por persoa.
Hai que sinalar que ademais Barro, volverá repetir por segundo ano consecutivo como sede do Día Internacional do Cocido ou #CocidoDay con Faustino Batallán como #CocidoLeader que tamén é vicepresidente da AC Fervenza da Barosa.
Esta actividade, enmarcada como unha extensión da ruta de tapas @BarrodeTapas, ten como eixe fundamental a promoción dos locais e a hostalaría de Barro, a gastronomía local e o turismo de Barro.