A empresa Ceferino Nogueira queda finalista nuns premios ás mellores prácticas preventivas
Por Redacción
Ceferino Nogueira, S.A. (Grupo Nogar) recibiu unha placa distintiva como finalista da III Edición dos Premios Asepeyo ás mellores prácticas preventivas, convocados pola mutua co obxectivo de recoñecer a aquelas empresas asociadas que teñan destacado polos seus resultados en materia de prevención de riscos laborais durante o ano 2014.
A empresa situada no Porto de Marín, dedicada á loxística e transporte terrestre de mercadorías, quedou finalista deste premio polo seu traballo relacionado coa implantación do sistema de xestión de tráfico, accesos e trazabilidade, onde se expoñen as vantaxes que supón a implantación deste sistema de control do tráfico e a eliminación de riscos para os traballadores da empresa na realización da súa actividade diaria.
Nieves Pérez, directora de Recursos Humanos de Ceferino Nogueira, recibiu a placa distintiva de mans de Romina González-Dopeso, directora autonómica de Asepeyo en Galicia.