Salvador Durán abandona a xestora do PP polo "erro colectivo" da designación de Telmo Martín
Por Oskar Viéitez
O concelleiro do Partido Popular en Sanxenxo, Salvador Durán presentou a súa renuncia á súa condición de membro nato da xunta xestora do partido na localidade.
"Segundo procedemento establecido nos estatutos do Partido Popular, presento ante a xunta xestora da agrupación local de Sanxenxo a renuncia á miña condición de membro nato desta", di o escrito.
"Asumo con iso a miña parte de responsabilidade no que considero un erro colectivo polo feito de non lograr celebrar o necesario congreso que prometemos aos nosos afiliados", di o escrito.
Segundo Salvador Durán "esta convocatoria era tan necesaria como se mostrou, entre outras cousas, no acontecido os últimos días durante o proceso de designación do candidato á Alcaldía de Sanxenxo, no que non houbo a máis mínima participación por parte do ÿrgano Xestor e, polo tanto, dos afiliados do Partido Popular de Sanxenxo,".
Unha vez formalizada esta renuncia, Salvador Durán pasará á súa condición de militante de base expresando o seu desexo de "continuar obtendo os maiores éxitos, tanto por parte do Partido Popular coma do Goberno".
Relacionadas:
-
Un funcionario de Aduanas, número 2 de Telmo Martín; Paz Lago, María Deza e Marcos Guisasola siguen
Por Alejandro Espiño |
-
Telmo Martín encara o seu terceiro asalto á Alcaldía de Sanxenxo con "máis ilusión que a primeira vez"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP confirma a Telmo Martín como candidato á alcaldía de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |