Arranca a obra de humanización no primeiro tramo da rúa Jaime Janer
Por Redacción
Dentro do plan de Obras e Investimentos que puxo en marcha o concello de Marín destinado á mellora, humanización e cambio dos servizos na zona urbana, o próximo luns dará inicio a obra do primeiro tramo da rúa Jaime Janer, segundo o plan de traballo exposto pola empresa.
Como continuación á humanización levada a cabo na rúa Almuiña e seguindo a mesma filosofía de manter un único carril de baixada á Praza de España, acometeranse nas próximas semanas as obras do primeiro tramo da rúa Jaime Janer dende o seu entroncamento coa rúa Almuiña e rúa Real, ata a intersección desta coa rúa Concepción Areal.
Esta reforma está financiada ao cen por cen pola Deputación de Pontevedra.
A licitación e a tramitación do proceso de contratación efectuouse dende o concello de Marín, presentáronse cos mesmos criterios de adxudicación automáticos, de ter en conta o prezo, o prazo de execución e o maior prazo de garantía, 5 ofertas, resultando adxudicataria a empresa ORESA, encargada no seu momento pola Deputación da actuación levada a cabo en Almuiña.
A oferta considera un prezo de execución deste proxecto de 225.057,98 euros IVE incluído.
A obra consistirá en cambiar os servizos de saneamento e auga existentes en ambas as dúas marxes, construír beirarrúas de pedra, e deixar un carril central de baixada realizado en formigón, mantendo a parada de taxis e a carga e descarga.
A oferta presentada pola adxudicataria amplía o prazo de garantía posterior da obra, e reduce o prazo de execución desta, establecéndose en cinco semanas, tempo no que esta arteria de circulación estará cortada ao tráfico.
A execución desta investirá moito do seu presuposto e do traballo ao cambio dos servizos de auga, saneamento e redes de pluviais existente, estando prevista a mellora do pasadizo que conecta peatonalmente co Fondo do saco, que está incluído a remodelación e mellora deste.
Relacionadas:
-
A humanización de Jaime Janer xa está lista
Por Redacción |
-
Avanzan a bo ritmo as obras de humanización no primeiro tramo da rúa Jaime Janer
Por Redacción |
-
Planean novas obras en Marín con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación
Por Redacción |
-
Ultiman un estudo para arranxar o pavimento das zonas máis danadas de Jaime Janer
Por Redacción |
-
418.000 euros para a humanización da rúa Jaime Janer e á pavimentación de 9 camiños rurais en Marín
Por Redacción |