"A morte vai cruzar o noso pobo disfrazada de electricidade"
Por Redacción
A Asociación de Afectados pola Liña de Alta Tensión (LAT) no Concello de Arbo acudiu este xoves ata a delegación do Ministerio de Medio en Pontevedra para solicitar información sobre o proxecto de trazado entre Fontefría-Frontera Portuguesa (Aalat Valiñas-Poste).
Arredor de medio centenar de afectados viaxaron ata a capital da provincia disfrazados de morte, con máscaras e gadañas, para reclamar ao ministerio un cambio no trazado da Liña de Alta Tensión de 400 kV que cruzará a parroquia do a, "para buscar unha solución que non prexudique aos veciños da localidade".
"A morte vai cruzar o noso pobo disfrazada de electricidade", dixeron estos veciños que aseguran que esta liña de alta tensión pasa por enriba de casas e terreos con viñedos pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas, así como a cooperativa Eidosela e unha mina de ouro romana.
Tras presentar a súa solicitude este grupo de afectados arbenses acudiu á Praza da Liberdade onde fixo unha breve representación teatral para evidenciar os graves prexuízos que lle causaría ao Concello e aos seus habitantes este proxecto.