O centro de Monte Porreiro primeira sede da UNED en España en poñer en marcha un curso 100% online
Por Redacción
A UNED de Pontevedra será o primeiro Centro Asociado español que poña en marcha un curso 100% online. Nesta proposta formativa, centrada na videoarte e a creación audiovisual e organizada en colaboración con Acuarela Campus, poderá participar calquera persoa con acceso a Internet.
Se ben ata agora, os alumnos podían participar neste tipo de actividades presencialmente, a través de streaming ou por videoconferencia, neste caso só será necesaria unha conexión a Internet para poder acceder ao campus virtual do curso, dispoñible as 24 horas do día.
Unha proposta, que recolle o espírito da educación a distancia e na que o alumno será protagonista da súa propia aprendizaxe, a pesar de contar en todo momento co apoio dun titor en liña.
No curso de Iniciación á Videoarte: todo o que quixo saber sobre a videoarte e non se atreveu a preguntar, o estudante só terá que dispoñer dun ordenador con conexión a Internet para poder conectarse ao campus virtual, onde dispoñerá de toda a información e materiais necesarios para superar o curso.
A actividade ten como obxectivo que o alumno adquira os coñecementos e ferramentas necesarias para elaborar unha peza audiovisual da man de prensa e comunicación especialistas en pedagoxía, cine e arte. Dirixido a calquera persoa cunha inquietude creativa, así como alumnos e profesores de Belas Artes, Comunicación, Maxisterio e Pedagoxía, o curso terá unha carga lectiva aproximada de 20 horas e un prezo de 40 euros.