O PSOE de Ponte Caldelas sinala ao alcalde como "máximo responsable de que os veciños non teñan onde velar os seus defuntos"
Por Redacción
O grupo municipal do PSdeG-PSOE no concello de Ponte Caldelas acaba de emitir un comunicado no que sinala o alcalde, Perfecto Rodríguez, como o "máximo responsable de que os veciños de Ponte Caldelas non teñan onde velar os seus defuntos".
Os socialistas acusan o rexedor popular de "enganar os veciños" no asunto do polémico peche do tanatorio e sosteñen que o goberno local "sabe que os municipios que nos rodean e son gobernados polo seu partido dispoñen dun tanatorio público por iniciativa propia e para garantir este servizo".
O voceiro do PSdeG, Andrés Díaz, eleva o ton das súas críticas cara ao alcalde e afirma que "Perfecto Rodríguez despreza aos veciños e os intereses comerciais da Vila despois de promover que esta instalación fose privada e mantendo esta situación de peche máis dun ano".
Ademais o PSOE de Ponte Caldelas reafírmase na proposta de "unha compra ou expropiación" para recuperar este servizo.
Neste sentido, en resposta ás manifestacións do alcalde na que recordou ao voceiro do PSOE que "isto non é Venezuela para expropiar propiedades privadas", dende as filas da oposición recordan que "hai uns meses o Goberno Local de Ponte Caldelas expropiou un terreo privado no pobo de Santana, cunha rapidez asombrosa para instalar unha depuradora, iso si neste caso urxía que os veciños se conectasen á rede de sumidoiros para iniciar a recadación deste, polo que pedimos a Perfecto Rodríguez que teña coherencia nas súas declaracións en relación aos seus actos".
Relacionadas:
-
O Concello de Ponte Caldelas sancionará con multas de 10.000 euros cada tres meses ás empresas do tanatorio
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de mentir cando anunciou a reapertura do tanatorio
Por Redacción |
-
Acordo para a reapertura do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha empresa funeraria estuda construír un tanatorio no ámbito da zona urbana de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez di que as empresas propietarias do tanatorio "só pretenden confundir e marear a perdiz"
Por Redacción |
-
Alianza y Barros suxire ao alcalde de Ponte Caldelas que faga municipal o servizo de tanatorio
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas comprométese a reabrir o tanatorio
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez lamenta o "desprezo" aos veciños por parte das empresas que manteñen pechado o tanatorio
Por Oskar Viéitez |