Unha empresa funeraria estuda construír un tanatorio no ámbito da zona urbana de Ponte Caldelas
Por Redacción
Unha empresa funeraria solicitou información urbanística para a construción dun tanatorio no ámbito da vila de Ponte Caldelas.
Segundo informaron fontes municipais, a empresa entrevistouse xa en varias ocasións co alcalde para trasladar este interese, a última reunión tivérona esta mesma semana onde formularon xa posibles situacións.
A primeira opción desta empresa sería adquirir o tanatorio que está instalado na zona de Chan da Barcia, de titularidade privada, pero isto depende de que as empresas propietarias queiran vender.
Por iso esta empresa ten en mente outra opción de construír o tanatorio noutra situación, se non frutifican as negociacións. Para iso fixouse xa en dúas posibles situacións no ámbito da zona urbana, para o cal xa realizou as correspondentes consultas urbanísticas. En principio, dende o concello informouse que as posibles situacións "son viables urbanisticamente para a súa construción".
Esta empresa funeraria, manifestoulle ao alcalde a súa intención de instalarse en Ponte Caldelas, ben adquirindo o tanatorio privado xa existente, ou ben construíndo un novo nalgunha desas situacións que son viables urbanisticamente.
O alcalde valora esta iniciativa porque "garante que Ponte Caldelas poida contar con tanatorio nun futuro inmediato".
Relacionadas:
-
O Concello de Ponte Caldelas sancionará con multas de 10.000 euros cada tres meses ás empresas do tanatorio
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de mentir cando anunciou a reapertura do tanatorio
Por Redacción |
-
Acordo para a reapertura do tanatorio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PSOE de Ponte Caldelas sinala ao alcalde como "máximo responsable de que os veciños non teñan onde velar os seus defuntos"
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez di que as empresas propietarias do tanatorio "só pretenden confundir e marear a perdiz"
Por Redacción |
-
Alianza y Barros suxire ao alcalde de Ponte Caldelas que faga municipal o servizo de tanatorio
Por Redacción |