Jorge Cebreiros, candidato á CEP: "Ninguna comarca se podría permitir el lujo de no tener una empresa como ENCE"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
O empresario vigués Jorge Cebreiros aspira a conseguir a presidencia da Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra (CEP) desbancando o seu líder actual, Luis Novoa, e para conseguilo decidiu rodearse dun equipo con representación de todos os sectores económicos e territorios. Nesa nova directiva coa que se presentará ás eleccións deu un peso específico a Pontevedra a través da presenza do pontevedrés José Manuel Valenzuela, actual presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia e candidato a vicepresidente territorial.
Escoltado por Valenzuela e polos presidentes de AJE e Aempe Pontevedra, Lucía Pedroso e José María Corujo, Jorge Cebreiros presentou a súa candidatura e o seu proxecto para a CEP no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, un programa no que se atenderá aos problemas específicos de cada sector e territorio e no que tamén terá oco a permanencia da fábrica de ENCE na Ría de Pontevedra.
A preguntas dos medios, Cebreiros asegurou que a pasteira ten o seu "máximo apoyo" porque dende a súa candidatura se dará un "apoyo absoluto a todas las iniciativas empresariales en la provincia" e, neste caso, "estamos hablando de una gran empresa". "Ninguna comarca, ningún territorio se podría permitir el lujo de no tener una empresa una ENCE", mantén o vigués.
Na súa opinión, a CEP "tendría que estar al lado de cualquier iniciativa que desde Pontevedra surja hacia esa industria". Ao respecto, o presidente de Aempe explicou que as asociacións de empresarios non teñen "capacidad para hacer algo más allá que defender" su actividad, senón que é unha cuestión que está en mans das Administracións e da propia pasteira. A súa opinión persoal é que "en su día fue mal situada, pero hoy es lo que tenemos" e el sempre defendeu a súa permanencia e seguirao facendo.
A candidatura sumou nos últimos días os apoios de asociacións de hostalaría, comercio minorista, novos empresarios, promoción inmobilaria, formación, limpeza ou o sector conserveiro, entre outros, cun proxecto no que aspiran a que a CEP deixe de ser presidencialista e abra á xestión compartida.
Nese programa propoñen un "cambio para la modernización" que ten como obxectivo principal "recuperar el tejido empresarial perdido e impulsar la modernización de estructuras y empresas". Ese proxecto ten como retos o crecemento, a creación de emprego, a competitividade e innovación. Un dos cabalos de batalla do equipo de Jorge Cebreiros se chegan a presidir a CEP será a xestión das peaxes e as vías de pagamento. "Tiene que serlo", indicou, en alusión a que falar de reducir as peaxes é "hablar de competitividad".
Relacionadas:
-
Cambio á fronte dos empresarios pontevedreses: Jorge Cebreiros, novo presidente da CEP
Por Redacción |
-
Lores e a plataforma de empresarios pro-industria, de acordo nun 95%: "o outro 5% é ENCE"
Por Alejandro Espiño |
-
Alertan da desaparición industrial da comarca por "un sentido del medio ambiente mal entendido"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |