O director de ENCE protagoniza a derradeira conferencia de Podemos
Por Redacción
Coa finalidade de xerar un xuízo crítico e fundamentado, con argumentos acreditados por todos os axentes implicados entorno á factoría de ENCE, o Círculo Podemos Pontevedra convidou aos directivos da fábrica a participar neste ciclo de conferencias.
Deste xeito, Antonio Casal, director do complexo industrial de Lourizán terá a súa quenda de participación este martes ás 20 horas na Casa das Campas co relatorio: ENCE, unha aposta de futuro polo emprego o sector forestal e a bioeconomía.
As ponencias son abertas á cidadanía, con entrada de balde e coa intencionalidade de facilitar a participación directa dos asistentes quenes formularán as súas inquedanzas ao convidado para establecer, finalizada a exposición, un diálogo aberto entre todos.
Transcurridos os dous primeiros bloque de conferencias, o Círculo de Podemos valora o "bo grado de cumprimento dos obxectivos marcados para estas xornadas". Ademais destacan "positivamente" o grado de aceptación que está a ter esta iniciativa entre os pontevedreses, posto que conta cunha "excelente acollida" entre o público asistente en cada xornada, o que "confirma a conveniencia de establecer este tipo de formatos participativos e de diálogo directo coa cidadanía".