Quince estudantes brasileiros fórmanse este curso no Campus de Pontevedra
Por Redacción
No presente curso quince estudantes brasileiros fórmanse en Dirección e Xestión Pública en Ciencias Sociais e da Comunicación.
"Contar cunha experiencia internacional, ademais de coñecer un novo idioma é algo moi valioso para nós desde un punto de vista profesional", destaca Isadora Ortegosa, unha das alumnas que neste cuadrimestre veñen de incorporarse ás clases no Campus de Pontevedra.
Todo elo grazas a posta en marcha do convenio de dobre titulación coa Universidade de Sao Paulo (USP) "a máis importante de América Latina". Para iso, deben superar 60 créditos ECTS e, por mor da lexislación española, presentar aquí o seu traballo de fin de grao.
GALEGAS DO OUTRO LADO DO CHARCO
O convenio de dobre titulación tamén provocou que no presente curso haxa por primeira vez estudantes galegas cursando Xestión de Políticas Públicas na USP. Trátase de Elisa Sánchez e Daniela Alves, dúas alumnas que recoñecen que están a vivir "unha moi boa experiencia" no Brasil, que mesmo lles está facendo pensar en continuar o vindeiro curso do outro lado do Atlántico.