O Supremo decidirá se prescribiu unha denuncia contra Telmo Martín
Por Oskar Viéitez
O Tribunal Supremo asume a investigación aberta en 2007 polo xulgado de Cambados sobre o exalcalde de Sanxenxo e presidente local do PP en PP en Pontevedra, Telmo Martín, denunciado por Salvemos Pontevedra por un suposto delito de tráfico de influencias na recualificación dun solar en Portonovo.
O xulgado cambadés inhibiuse ao ser Telmo Martín un aforado.
O Supremo deberá decidir primeiro se os feitos investigados xa prescribiron.
Martín foi denunciado en xaneiro de 2007 polo colectivo ecoloxista pola recualificación dos terreos fronte á praia de Baltar de Portonovo nos que a empresa da que Martín era socio, Construcuatro, comprou tres parcelas por importe de 595.000 euros.
Aos solares, inscritos no rexistro mercantil de Cambados como rústicos, foron vendidas no ano 2005, unha vez clasificadas como chan urbano, por 2,8 millóns de euros á construtora da familia de Xosé Cuíña Crespo, ex conselleiro popular de Política Territorial.
A urbanización, xa levantada, foi obxecto dunha paralización cautelar pola suposta invasión dun humidal.